Tuesday 30 de April de 2024

Borrego analiza a actual situación de Alvedro xunto co director do aeroporto coruñés


Ambas as partes coincidiron na necesidade de trazar as liñas básicas de actuación que compasen a evolución da crise sanitaria, encamiñadas á recuperación das frecuencias e pasaxe que Alvedro estaba a obter ata o pasado mes de marzo
O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridad Cidadá, Juan Ignacio Borrego, reuniuse hoxe co director do aeroporto de Alvedro, Jesús Campo Horta, co fin de analizaren a situación actual provocada pola pandemia e as consecuencias no que a operacións de voos se refire, a situación do persoal do aeródromo e das aeroliñas.

Tras unha pormenorizada análise, ambas as partes coincidiron na necesidade de trazar as liñas básicas de actuación que compasen a evolución da crise sanitaria, encamiñadas á recuperación das frecuencias e pasaxe que Alvedro estaba a obter ata o pasado mes de marzo.

Juan Ignacio Borrego explicou as iniciativas que desde o Consorcio de Turismo da Coruña están a desenvolverse, como a licitación dos futuros roteiros coas compañías aéreas, así como as accións de captación de visitantes que se poñerán en marcha unha vez que as condicións sanitarias nacionais e internacionais permitan os desprazamentos con normalidade.

Tanto Borrego como Campo acordaron seguir mantendo contacto de forma periódica, co obxectivo de coordinar sinerxias para unha pronta recuperación de voos e pasaxeiros/as, tal e como contaba o aeroporto coruñés en datas anteriores ao decreto de confinamento.